Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Cyclos

Descrición

Cyclos é unha aplicación Web que permite xestionar bancos de tempo. Un banco de tempo é un sistema de intercambio de servizos no que a unidade de intercambio non é o diñeiro, senón unha medida temporal, por exemplo, unha hora. É, polo tanto, un sistema de troco de servizos por tempo, que se pode usar posteriormente para adquirir un produto ou servizo ofrecido por outro usuario.

Este sistema de economía social é iniciado e mantido por un colectivo, que é quen funciona coma se fose o banqueiro. É dicir, abre as contas, verificando a identidade da persoa para garantir a claridade e seguridade do sistema, xa que é un sistema de confianza mutua; verifica que todo o sistema estea en marcha e serve de mediador en conflitos entre usuarios.

Os usuarios, logo de darse de alta, reciben un pequeno préstamo para poder iniciar a súa conta. O usuario pode ofrecer produtos e servizos a cambio de horas ou a moeda non oficial que se conveu. Unha vez fornecido o servizo realízase o pago a través do sistema. O usuario que ofreceu o servizo pode usar o tempo recibido para comprar outro produto ou servizo ofrecido por calquera outro usuario no sistema.

Cyclos é unha ferramenta informática dende a que se poden xestionar todos estes procesos, é dicir, buscar usuarios, produtos e servizos, así como facer e recibir pagos. Toda a información dun usuario vai nunha páxina de datos persoais, que se pode modificar para facilitar que estes se atopen no banco de tempo. Permite, asemade, pór anuncios pedindo produtos ou servizos que se ofrezan ou demanden.

Cyclos posibilita facer pagos e estes recíbense directamente na conta da persoa receptora (vendedor). Para transaccións máis formais pódese enviar, incluso, unha factura e en canto ésta se acepte, prodúcese o pago. Todos os pagos pódense ver nun historial de pagos. A ferramenta permite ademais que os usuarios podan pór referencias doutros usuarios no banco de tempo. Os administradores poden enviar noticias a todos os usuarios, así como mensaxes persoais cando sexan necesarios.

Sección de descargas

Descarga da versión en galego para GNU/Linux dende Mancomun.org

Descarga da versión en galego para Windows dende Mancomun.org

Manuais e axuda

Manual de usuario de Cyclos v3

Ligazóns