Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Curso de Formación sobre ferramentas de video en software libre

Descrición

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) elaborou o curso de formación "Ferramentas de vídeo en Software Libre", co que tanto a Xunta de Galicia como AGASOL pretenden achegarlle ao sector educativo de Galicia un material formativo sobre distintas ferramentas de software libre que podemos empregar para traballar con ficheiros de vídeo en función das nosas necesidades: reproducir películas, editar os nosos propios vídeos, gravar un DVD para ver na televisión...

O curso percorre as funcionalidades de varias ferramentas dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con elas. Concretamente revísase o uso das seguintes ferramentas:

  • KMPlayer: reprodutor de vídeo, que nos permitirá ver e escoitar o vídeo, mais non editalo.
  • OpenShot: ferramenta que posibilita a edición de vídeo (cortar ou unir fragmentos, substituír audio...)
  • K3B: aplicativo que nos permitirá gravar os nosos vídeos para que poidan ser reproducidos nun reprodutor estándar de DVD.
  • Mobile Media Converter: software conversor de formatos. A multitude de formatos de vídeo actuais obriga, en ocasións, a ter que convertelos; por exemplo, se queremos adaptar un vídeo para poder velo no noso móbil.

Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación.

O material está dispoñible en formato web e á súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

Consulta:

Descarga:


PortadaCursoVideo.png


Patrocina:

O curso baixo o título "Ferramentas de vídeo en Software Libre" foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar incluída no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.