Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Curso de Formación sobre ferramentas de son en software libre

Descrición

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) elaborou o curso de formación "Ferramentas de son en Software Libre", co que tanto a Xunta de Galicia como AGASOL pretenden achegarlle ao sector educativo de Galicia un material formativo sobre distintas ferramentas de software libre que podemos empregar para traballar con ficheiros de audio en función das nosas necesidades: gravación, reprodución, edición de CD, ...

O curso percorre as funcionalidades de tres ferramentas dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con elas. Concretamente revísase o uso das seguintes ferramentas:

  • Audacity: programa que permite gravar, editar, retocar sons... non debemos confundir a reprodución coa edición, xa que esta permite modificar o propio audio e non simplemente escoitalo.
  • VLC: ferramenta que nos permite reproducir ficheiros de audio.
  • K3B: aplicativo de gravación de CD/DVD. A través dunha sinxela interface gráfica, K3B permite, entre outras cousas, crear e copiar CD/DVD de audio.

Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación.

O material está dispoñible en formato web e á súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

Consulta:

Descarga:


PortadaCursoSon.png


Patrocina:

O curso baixo o título "Ferramentas de son en Software Libre" foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar incluída no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.