Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Curso de Formación sobre IMPRESS. Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais

Descrición

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) elaborou o curso de formación "IMPRESS. Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais", co que tanto a SXMIT como AGASOL pretenden achegarlle ao sector educativo de Galicia un material formativo sobre a ferramenta de Software Libre IMPRESS, que forma parte do paquete ofimático OpenOffice.org. Impress permite a creación de presentacións dixitais dunha forma sinxela é intuitiva.

O curso analiza as principais funcionalidades de IMPRESS cun enfoque pedagóxico adaptado as necesidades do profesorado.

O curso é totalmente práctico e axeitado para persoas que non tiveran contacto con esta ferramenta. IMPRESS é a ferramenta que proporciona a suite ofimática OpenOffice, o paquete ofimático libre de referencia.

Este material publicase baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de elaboración de presentacións con licencia libre como a realización de cursos de formación.

O material está dispoñible en formato web e a súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

Consulta:

Descarga:


PortadaCursoIMPRESS.png


Patrocina:

O curso baixo o título "IMPRESS. Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais" foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar incluída no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.