Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Curso de Formación sobre GIMP. Unha ferramenta en software libre para o deseño dixital

Descrición

Este curso percorre as principais funcionalidades de GIMP dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con esta ferramenta.

O GIMP é a ferramenta de deseño gráfica máis empregada dentro do panorama do Software Libre. Ao ser software libre, calquera persoa pode utilizalo libremente e para calquera cometido sen necesidade de pagar licenzas. É unha boa alternativa a coñecidos programas de retoque de imaxes, como o programa de pago Adobe Photoshop.

Neste curso explóranse as principais accións que se poden levar a cabo con esta ferramenta, permitindo adquirir coñecementos relacionados coa manipulación e creación de imaxes dixitais.

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Versións

Existen dúas versións deste curso, unha do ano 2011 elaborada para a formación dos docentes das aulas ABALAR, e unha segunda do ano 2012, elaborada para os cursos de formación en alfabetización dixital en software libre da rede CeMIT.


2012 - Rede CEMIT

Gimp.png

O curso elaborado para a rede CEMIT está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Autoría:

Este curso foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

O material deste curso baséase na versión do ano 2011 elaborada tamén por AGASOL.

2011 - Versión ABALAR

PortadaCursoGimp.png

O curso elaborado para a formación nas aulas ABALAR está dispoñible en formato web e a súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

Consulta:

Descarga:

Autoría:

Este curso foi elaborado no ano 2011 por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar incluída no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.