Corrector ortográfico para OpenOffice.org
Índice
Descrición
O corrector está baseado no novo estándar do OpenOffice.org, chamado Hunspell, e inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios.
Licenza
Este é un dicionario para OpenOffice baseado no motor Hunspell creado dentro da iniciativa "Mancomún, Iniciativa Galega polo Software Libre" e desenvolvido usando a normativa vixente en Setembro de 2006.
O dicionario está liberado baixo os termos da GNU GPL versión 2.
Unha copia desta licenza pode atoparse na seguinte páxina web:
http://www.gnu.org/copyleft/gpl.html
Descarga e instalación para OpenOffice.org 3
Se descargaches a versión do OpenOffice.org 3 en galego, non é necesario que instales o corrector, xa que vén instalado de modo predeterminado.
Para descargar a última versión (só válida para o OpenOffice.org 3) temos que descargar a extensión co corrector desde a seguinte páxina:
Extensión Corrector galego OpenOffice.org 3
Nesa páxina hai que premer no botón "Get it" para descargar o ficheiro: corrector_OOo.oxt para posteriormente gardalo no noso computador.
Unha vez descargada a extensión, procederemos a abrir o OpenOffice.org 3.
Abriremos o menú "Ferramentas-Xestor de extensións"
Prememos o botón "Engadir..."
Seleccionamos o ficheiro corrector_OOo.oxt e prememos abrir. Iniciarásenos o asistente para instalar a nova extensión:
Prememos en "Aceptar" para aceptar a licenza da extensión e con isto estará rematada a instalación do corrector.
Agora abondará con reiniciar o OpenOffice.org 3 para poder comezar a usalo.
Descarga e instalación para OpenOffice.org 2
Vídeo demostración da instalación
Vídeo demostración (formato OGG)
Con conexión á Internet
- Abrir o Writer.
- Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
- No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
- Premer no botón Executar DicOOo.
- Seguir os pasos do asistente de instalación.
- Premer no botón Seguinte.
- Escoller o idioma Galician (Spain)
- Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
- Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice.
- Premer Seguinte e logo Rematar.
- Unha vez finalizado o proceso, pechar o OpenOffice.org. Hai que pechar tamén a icona do OpenOffice.org ao lado do reloxo do sistema. A seguinte vez que se inicie xa estará instalado o corrector galego.
Sen conexión á Internet
Para descargar o corrector pulsa na seguinte ligazón:
gl_ES-pack.zip (215KB)
Para instalar o novo corrector, que é multiplataforma, segue as seguintes instrucións:
- Descargar o arquivo gl_ES-pack.zip ao disco duro.
- Abrir o Writer.
- Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
- No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
- Premer no botón Executar DicOOo.
- Marcar a opción "Instalación dun paquete de dicionario xa descargado".
- Premer no botón Explorar. Buscar o arquivo descargado no paso 1 no noso disco: gl_ES-pack.zip.
- Premer no botón Seguinte.
- Escoller o idioma Galician (Spain)
- Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
- Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice.
- Premer Seguinte e logo Rematar.
- Unha vez finalizado o proceso, pechar o OpenOffice.org. Hai que pechar tamén a icona do OpenOffice.org ao lado do reloxo do sistema. A seguinte vez que se inicie xa estará instalado o corrector galego.
Erros detectados e en revisión
Se detectas algún erro no corrector podes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: mancomun@mancomun.org e irémolos corrixindo. Na conversa desta páxina poderedes comprobar o avance no mesmo.