Xunta de Galicia
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki

Corpus Lingüísticos

Corpus de referencia de mancomun.org

Este corpus nace como ferramenta para facilitar o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.

Trátase dun corpus paralelo que permite procurar palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente.

Aínda que este corpus naceu trala tradución da versión 2.0 do Openoffice.org contendo preto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático), actualmente inclúe memorias de tradución doutras aplicacións e posteriormente irase actualizando a medida que se traduza novo software.

É importante salientar que toda esta terminoloxía foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza.


Por outra parte, o seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo pon ao acceso de todos:

  • Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI)
  • Corpus Técnico do Galego (CTG)

Tamén o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ten dispoñible para o seu acceso público o corpus:

  • Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que contén máis de 19,8 millóns de palabras.