Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Cooperación e difusión, asesoramiento e asistencia técnica

Descrición:

A Oficina de Software Libre da USC realizou ao longo do ano 2010 unha serie de actividades encamiñadas a promoción, formación, asesoramiento e asistencia técnica no ámbito do software libre en Galicia. Ditas actividades poden dividirse en dous grupos: OSL USC

Cooperación e difusión

A OSL participou e asistiu a varios eventos realizando tarefas de formación e difusión do Software Libre fora da universidade.

Foron cinco eventos aos que os membros da OSL asistiron en representación desta e nos que puideron dar a coñecer o traballo da mesma e, sobre todo, axudar a promoción do Software Libre na comunidade galega:

O obxectivo deste III Día da Liberdade dos Documentos, foi coordinar equipos locais de todo o mundo onde participan milleiros de persoas e entidades co fin de fomentar entre a poboación o uso de formatos estandarizados, libres e abertos, e que garantan a interoperabilidade.

Evento especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos y directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico interesado na temática.

Tiveron como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo.

O obxectivo da VII GUADEC-ES foi xerar un espazo de encontro entre os usuarios e desenvolvedores pertencentes ás comunidades españolas e de América Latina do proxecto GNOME e achegar a comunidade GNOME á sociedade.

Curso deseñado para formar aos asistentes na internacionalización e localización de software libre.

Asesoramento e asistencia técnica

Destaca o soporte de último nivel ás aulas piloto que se implantaron o ano 2009 e o asesoramento en materia de Software Libre á comunidade universitaria da USC.

Ademais, durante os meses do verán ata ben iniciado o curso, prestóuselle asistencia técnica a todos aqueles técnicos nos que o seu centro decidiu implantar arrinque dual nas aulas de informática. Cómpre destacar que a asistencia foi in-situ e non so tivo que ver coa administración da Ubuntu-USC, senón que tamén se lles amosou unha forma alternativa de realizar os clonados e o despregue por rede das imaxes con Software Libre.

Recibiron axuda directa nas súas implantacións os seguintes centros:

  • Facultade de Física
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur)
  • Facultade de Psicoloxía
  • Facultade de Filoloxía
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería
  • Facultade de Matemáticas
  • Facultade de Filosofía
  • Facultade de Química

Documentación:

Curso de tradución ao galego de aplicativos libres

  • Traducindo coa ferramenta libre OmegaT

Descargar en formato PDF, táboa de atallos de teclado en formato PDF ou en formato ODT, materiais para o obradoiro

Conferenciante: Enrique Estévez. Técnico da OSL da USC e coordinador do equipo de tradución de Mozilla ao galego.

Asistente: Miguel Branco

  • Corrección técnica e Q&A na tradución de software libre

Descargar a presentación inicial en formato PDF ou en formato ODP e a presentación do relatorio en formato PDF ou en formato ODP

Conferenciante: Fran Diéguez. Técnico da OSL da USC, Coordinador do equipo de tradución de GNOME ao galego.

  • Esquemas de traballo na localización de software

Descargar as presentacións en formato PDF ou en formato ODP

Conferenciante: Fran Diéguez. Técnico da OSL da USC, Coordinador do equipo de tradución de GNOME ao galego.

Impacto:

As actividades de difusión tiveron unha boa acollida e destaca que os colectivos afectados foron varios, desde alumnos de formación profesional, universitarios, empresarios, empregados e cidadáns que asistiron a XGN.

As accións de asesoramento afectaron principalmente aos técnicos informáticos das aulas e a aqueles profesores e investigadores que realizaron consultas en materia de software libre a OSL.

Organiza:

Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela


Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.