Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Conto musicado Gato e o conde rato

Descrición

Conderato.png

O conto musicado Gato e o conde rato, é unha fábula musical e interactiva debullada nun prólogo e tres actos que se escenifican nun formato dinámico e multimedia; caracterizado a xeito de palabras, ilustracións e sons. O destinatario deste conto é o público infantil, que completa, coa súa interacción manifesta nas cancións, un ronsel de estímulos sensoriais e emocións comprimidas nunha posta en escena de aproximadamente 50 minutos. Tanto o texto, a música orixinal, como as ilustracións, empregan un estilo sinxelo e directo, coa finalidade de que deseguido o público se mergulle na historia (e dun xeito participativo).

Sinopse

Unha gatiña sen nome ten como costume perseguir a un pequeno roedor chamado Conde Rato. Unha tarde, tras protagonizar unha recorrente persecución polo salón da casa, a gatiña quédase durmida no teclado do ordenador. O Conde Rato consegue, misteriosamente, introducirse no rato do ordenador e tras as oportunas operacións informáticas consegue que o teclado absorba á gatiña, quen fica presa no escritorio do ordenador. A partires deste suceso desencadéanse unha serie de acontecementos que farán que a gatiña descubra o apaixonante mundo de internet, onde coñece a un ser fantástico e misterioso, Mr. Free, un pingüín negro e branco que axudará á gatiña a volver ao mundo analóxico. Finalmente irrompe a cuarta protagonista do conto, a ratiña Melisa, a namorada do Conde Rato. O dominio da informática de Mr. Free fai que o conto teña un final feliz… …........... ou mellor comprobade por vós mesmos o remate desta fábula cibernética.

Obxectivo

O obxectivo deste conto é o de achegar aos colexios de primaria o concepto de software libre a través dunha actividade próxima aos nenos desas idades. No conto hai unha referencia clara á mascota de Linux (Tux), que está representada por Mr. Free, o cal será capaz de abrir a mensaxe de correo electrónico dirixida ao Conde Rato, gracias ao uso de programas libres. Os asistentes á obra recordarán ao pingüín como o que lle axudou á Gatiña a saír do ordenador, onde a meteu o Conde Rato. Tamén se fai uso do concepto de virus informático, que son aqueles que levaron á Gatiña polo océano, e que finalmente acabou enriba dun iceberg.

Posta en escena

Para a representación da obra precísase un escenario de 10 m. de lonxitude, 6 m. de fondo e 5 m. de altura, conexión a rede eléctrica, patio de butacas coa posibilidade de escurecemento absoluto. Antes de proceder á intrepretación do conto, realízase un ensaio da canción coa que o público asistente poderá interactuar na función.

Presentacións en público

O conto musicado interactivo “Gato e o Conde Rato” foi representado en diversos colexios de educación primaria durante os meses de decembro de 2012 e xaneiro de 2013.
  • Colexio Comarcal de Lalín. 10 e 12 de decembro de 2012
  • Colexio Martagona de Melide. 12 de decembro de 2012
  • Colexio Nº 1 de Melide. 18 de decembro de 2012
  • Colexio Público de Monterroso. 18 de decembro de 2012
  • Colexio Público de Vila de Cruces. 18 de decembro de 2012
  • Biblioteca Pública do concello de A Coruña. 27 de decembro de 2012
  • Colexio concertado Atocha de Arzúa. 11 de xaneiro de 2013
Representacion gato conde rato.png

Descarga

O libreto, imaxes e música que compoñen este conto musicado interactivo publícanse con licenza libre.

Ademais está dispoñible tamén unha serie de vídeos elaborados durante algunhas das representacións públicas realizadas.

Licenza

Todo o material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a sáu visualización, reprodución, adaptación, sempre respectando as condicións de recoñecemento de autoría e que se compartan as obras derivadas baixo as mesmas condicións..

Autoría

Este conto foi producido por Modestos Contos de Broadway, baixo a coordinación da asociación Melisa ao abeiro do Convenio de Colaboración coa AMTEGA para a promoción do Software Libre e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Reparto

  • Conto e banda sonora orixinal: Juan Carlos Vázquez
  • Ilustracións: Iria Parras
  • Narradora: Iria Parras
  • Músicos:
    • Juan Carlos Vázquez -piano violín
    • Iria Parras -mezzosoprano
    • José Manuel Canosa -contrabaixo
  • Son e iluminación:
    • José Manuel Canosa
    • Juan Carlos Vázquez
  • Montador de escenario
    • Juan López Quintás
  • Vídeo e fotografía: Jorge Lama
  • Produción artística e executiva: Modestos Contos de Broadway
  • Coordinador: Rafael Rodríguez Gayoso