Compartindo coñecemento con licenzas libres
Descrición:
![]() |
A Oficina de Coordinación de Software Libre impartiu o relatorio Compartindo coñecemento con licenzas libres no marco do III Congreso de Software Libre, organizado por Igaciencia os días 1 e 2 de xullo de 2014 no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. |
Documentación:
Neste relatorio faise unha breve introdución de contexto das liñas de fomento da reutilización da información pública que se veñen promovendo dende a AMTEGA nos últimos anos, para centrarse xa na explicación dos conceptos relativos á propiedade intelectual nos que se fundamenta a Reutilización da información, os conceptos da Cultura libre, o coñecemento aberto, as licenzas libres e os estándares abertos. Finalmente na última parte faise unha breve explicación das Boas prácticas para a liberación de publicacións da Xunta de Galicia
Está dispoñible para a súa descarga a presentación empregada no relatorio tanto en formato pdf como en formato odp:
Patrocina:
Esta actividade froma parte das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2014 da Xunta de Galicia.