Como usar o repositorio de Mancomún

De Wiki Mancomun

Engadir o repositorio

Para engadir o almacén de paquetes de Mancomún podemos facelo de dúas maneiras.

Modo gráfico

Iremos ao menú Sistema -> Administración

Mancomun-repo-01.png


Premeremos en Fontes de software. Isto abriranos una nova xanela onde premeremos no separador "Software de terceiros".

Mancomun-repo-02.png


Prememos no botón "Engadir..." e engadimos a seguinte liña.

  • Se estamos a usar Ubuntu 8.04 "Hardy":
    deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main
  • Se estamos a usar Ubuntu 8.10 "Intrepid":
    deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main
  • Se estamos a usar Ubuntu 9.04 "Jaunty":
    deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main

Mancomun-repo-03.png


Prememos de novo en "Engadir..." e engadimos.

  • Se estamos a usar Ubuntu 8.04 "Hardy":
    deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main
  • Se estamos a usar Ubuntu 8.10 "Intrepid":
    deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main
  • Se estamos a usar Ubuntu 9.04 "Jaunty":
    deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main

Mancomun-repo-04.png


Prememos en "Pechar", indicaranos que debemos recargar as fontes de software, prememos en "Recargar".

Mancomun-repo-05.png


Ao finalizar a carga das fontes do repositorio o sistema daranos o seguinte erro:

Mancomun-repo-06.png

ISTO É COMPLETAMENTE NORMAL, xa que estamos a engadir un novo repositorio do cal non temos a chave. No seguinte paso instalarémola.

Modo de consola

Nunha consola executamos os seguintes comandos:

  • Se estamos a usar Ubuntu 8.04 "Hardy":
    sudo echo "deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo echo "deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo apt-get update
  • Se estamos a usar Ubuntu 8.10 "Intrepid":
    sudo echo "deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo echo "deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo apt-get update
  • Se estamos a usar Ubuntu 9.04 "jaunty":
    sudo echo "deb ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo echo "deb-src ftp://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main" >> /etc/apt/sources.list.d/mancomun.list
    sudo apt-get update

Instalar a chave do repositorio

Para un correcto funcionamento do repositorio de Mancomún é necesario instalar a chave que autentica os paquetes descargados.

Modo gráfico

Iremos ao menú Sistema -> Administración

Mancomun-repo-07.png


Premeremos en Xestor de Paquetes Synaptic. No xestor prememos en "Procurar".

Mancomun-repo-08.png


Introduciremos a palabra «mancomun» e premeremos de novo en "Procurar", aparecerá un paquete mancomun-keyring, marcarémolo para instalar.

Mancomun-repo-09.png

Mancomun-repo-10.png


Ao marcar o paquete para instalar o sistema avisaranos de que o software non foi autenticado, isto e normal.

Mancomun-repo-11.png


Prememos en aplicar para que se instale o paquete.

Mancomun-repo-12.png


Aparecerá un resumo do que imos instalar, prememos en Aplicar.

Mancomun-repo-13.png


Unha nova xanela indicaranos que os cambios se aplicaron correctamente.

Mancomun-repo-14.png


Unha vez instalado o paquete premeremos en "Recargar" para que o noso repositorio local se actualice coa nova chave.

Mancomun-repo-15.png

Modo de consola

Nunha consola executamos:

sudo apt-get install mancomun-keyring

Preguntaranos se desexamos instalar este paquete sen autorización, indicarémoslle que si. Unha vez instalado recargaremos a lista de repositorios:

sudo apt-get update

Instalar os paquetes

Unha vez feitos os pasos anteriores xa podemos instalar os paquetes sen problemas do modo que queiramos.

Neste intre no repositorio de Mancomún existen 3 metapaquetes que instalan todo o contido para a galeguización de Ubuntu así coma o cambio de aspecto visual.

  • araos-g11n: metapaquete de galeguización, instala todo o necesario para que o noso contorno estea en galego.
  • araos-desktop: metapaquete de aspecto visual, instala o tema do araOS.
  • araos: metapaquete que instala tanto a galeguización como o tema.

No seguinte exemplo instalaremos todo o contido do araOS

Modo gráfico

Iremos ao menú Sistema -> Administración

Mancomun-repo-16.png


Premeremos en Xestor de Paquetes Synaptic. Procuraremos o paquete Araos e instalarémolo.

Mancomun-repo-17.png

Mancomun-repo-18.png

Mancomun-repo-19.png

Mancomun-repo-20.png

Modo de consola

Executaremos:

sudo apt-get install araos

Contido actual de paquetes no repositorio

  • araos: metapaquete que instala tanto a galeguización da Ubuntu como o tema do araOS.
  • araos-desktop: metapaquete de aspecto visual, instala o tema do araOS.
  • araos-g11n: metapaquete de galeguización (instala o resto de paquetes).
  • araos-gdm-themes: temas do GDM.
  • araos-splash: imaxe do splash de carga do GNOME.
  • araos-wallpapers: imaxes de fondo de pantalla do tema do araOS.
  • hunspell-gl: dicionario hunspell para aplicativos.
  • language-pack-gl: é o mesmo metapaquete que vén con Ubuntu pero actualizado para incluir o language-pack-gl-base coa tradución de Firefox.
  • language-pack-gl-base: é o mesmo paquete que vén con Ubuntu pero coa tradución de Firefox engadida.
  • mancomun-keyring: a chave do ftp.
  • thunderbird-locale-gl-es: a tradución do Thunderbird.
  • usplash-theme-araos: tema do araOS para o splash de carga do sistema.

Notas finais

Se non temos aceso ao repositorio vía FTP por atoparnos detrás dun proxy de rede ou unha devasa (firewall) podemos utilizalo vía http. Para iso, simplemente temos que cambiar as liñas do APT da seguinte forma:

  • Se estamos a usar Ubuntu 8.04 "Hardy":
    deb http://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main
    deb-src http://ftp.mancomun.org/ubuntu hardy main
  • Se estamos a usar Ubuntu 8.10 "Intrepid":
    deb http://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main
    deb-src http://ftp.mancomun.org/ubuntu intrepid main
  • Se estamos a usar Ubuntu 9.04 "Jaunty":
    deb http://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main
    deb-src http://ftp.mancomun.org/ubuntu jaunty main

Unha vez instalado todo o contido do araOS debemos rematar a sesión na máquina para ver todos os cambios gráficos. Tamén temos que ter en conta que os paquetes non modifican a configuración dos usuarios que xa existen na máquina (só a aqueles que se creen novos) polo que o cambio no fondo de pantalla deberá facerse á man (aínda que os fondos si que estarán dispoñíbeis para todos as persoas usuarias).

Para mais información

Información sobre os sistemas de xestión de paquetes: http://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_gesti%C3%B3n_de_paquetes