Como manexar os nosos datos persoais - Lei orgánica de protección de datos

De Wiki Mancomun

Descrición

Neste curso faise unha introdución ao marco legal de protección dos datos persoais.

En moitas das tarefas que desenvolvemos no noso día a día empregamos os nosos datos persoais, por exemplo, cando pedimos unha cita médica a través da rede, cando reservamos un voo, cando eliximos as nosas tarifas no móbil desde a páxina da nosa compañía. Neste tipo de operacións, empregamos datos de carácter persoal como poden ser o noso nome, o DNI, o correo, etc. Pero non só utilizamos os nosos datos para realizar xestións coa Administración ou coas empresas senón que tamén circulan a través de correos electrónicos, redes sociais...

O obxectivo deste curso sobre a Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal é aproximarnos ao termo datos persoais e reflexionar sobre os seus usos. Coñecer os nosos dereitos sobre os nosos datos e aprender a exercelos dentro do marco legal de protección de datos que nos proporciona a Lei Orgánica de Protección de Datos. Coñeceremos tamén que é a Axencia Española de Protección de Datos e cales son as súas funcións.


Descarga

Lopd.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Como manexar os nosos datos persoais - Lei orgánica de protección de datos" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.