Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Cinestable-2011

Descrición:

Segunda edición do festival de curtametraxes creative commons de Ordes, Cinestable.

O festival tivo lugar o 5 de agosto de 2011 no auditorio da Casa da cultura de Ordes. A organización só empregou ferramentas libres tanto para a proxección das obras como para a reprodución de música e demais necesidades do evento.

Ademais este ano, previo á exposición pública das obras a concurso, contouse coa presencia de Nicolás Alcalá Schächter, director do filme Creative Commons El Cosmonauta, quen deu unha charla sobre a súa experiencia con este filme que está a realizar mediante Crowd Funding. A charla tivo lugar nos Baixos da Alameda de Ordes o día 4 de agosto de 20121 ás 20:00 horas.

II Cinestable

Curtametraxes:

As curtas gañadoras desta edición foron:

Premio do Xurado

The Wheel, un traballo do sevillano David Luque. Licenza: CC-by-nc-nd

Mellor curtametraxe en Galego

Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións. Licenza: CC-by-nc-nd

Premio do Público

Por un puñado de becerros, de Xesús Mendez Gestal. Licenza: CC-by-nc-nd

Algunhas das outras curtametraxes participantes no Segundo Festival de Curtas Creative Commons Cinestable poden visualizarse na canle de Vimeo do II Cinestable

Está dispoñible tamén unha gravación da exposición pública de todas as curtas participantes.

Conferencia de Nicolás Alcalá:

Está dispoñible a gravación da emisión en directo da conferencia.

Ademais pode verse tamén a galería pública das fotografías tomadas no acto.

Impacto:

A aceptación do evento foi moi grande chegando practicamente a encher o auditorio municipal. Nº Asistentes:300 persoas.

Organiza:

Asociación Inestable de Ordes

Colaboran:

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa SXIMT e incluídas no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.