Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Catálogo OpenData nas administracións galegas

Este é un recopilatorio dos datos públicos disponibles dunha forma automatizada.


Consultas frecuentes

¿Que é OpenData?

O OpenData (datos abertos) é unha filosofía e unha práctica que require que certos datos sexan de libre acceso para todo o mundo, sen limitacións técnicas ou legais. No sector público, ter acceso aos datos da Administración garante a transparencia, a eficiencia e a igualdade de oportunidades, á vez que se crea valor. A transparencia porque se poden consultar e tratar datos que veñen directamente das fontes oficiais, a eficiencia porque cidadáns e organizacións poden crear servizos de forma máis axustada en colaboración coa administración; e a igualdade de oportunidades porque o acceso é o mesmo para todo o mundo.


As licenzas e os termos de uso dos datos abertos están sometidos ás leis de reutilización da información do sector público, e nalgúns casos poden ter licenzas de propiedade intelectual aínda que se tende a abrilas sen condicións a condición de que se manteñan sen manipular e coa obrigatoria citación da fonte e da súa última actualización. Sobre este aspecto, pode consultar os apartado termos de uso e licenzas deste portal.

¿Que se pode facer cos datos?

Os tipos de aplicacións que se poden construír con datos liberados son moi diversos e responden a obxectivos e finalidades moi diferentes. Van desde os máis persoais dos cidadáns que incorporan no seu móbil, por exemplo, avisos das incidencias do transporte, até os de asociacións de determinados enfermos respiratorios que controlan os índices de contaminación ou meramente empresariais, como é o caso de actualizacións automáticas coa información de equipamentos oficiais que poden alimentar os navegadores GPS para vehículos.

Outros exemplos da riqueza e a variedade das aplicacións que se poden facer a partir dos datos públicos abertos son os mapas e gráficos interactivos que se utilizan no chamado xornalismo de bases de datos e en numerosos servizos de procura, como é o caso do buscador de equipamentos de gencat que permite localizar escolas, hospitais ou centros deportivos, entre outros. Tamén forman parte das aplicacións xeradas con datos abertos os titulares incorporados vía RSS a blogs, webs ou aplicacións móbiles (como as propias de gencat) que mostran desta maneira contidos facilitados automaticamente pola administración.

¿Como se teñen que liberar os datos?

Tal e como recomenda o W3C na súa última guía de publicación, téñense que liberar datos útiles e en formatos reutilizables. Calquera formato é benvido pero canto máis ben estruturados e enriquecidos estean os datos, máis fácil será reutilizalos e construír aplicacións que os traten automaticamente. Por isto hai formatos e proxectos de datos abertos que se consideran de menos valor que outros. Segundo a clasificación proposta por Tim Berners Le, os formatos máis adecuados son o RDF, baseado en XML e susceptible de pasar facilmente ao seguinte nivel chamado ?datos enlazados? (linked data), que á súa vez é a base técnica para alimentar a denominada web semántica, un estándar no que cada dato contén información asociada que o relaciona automaticamente con outros.

O W3C tamén recomenda crear un catálogo coa descrición precisa de todos e cada un dos conxuntos de datos (data sets) que libera un goberno e, á vez, libera tamén o propio catálogo en formato RDF. Este é o obxetivo deste proxecto.


¿Porqué RDF?

O RDF (Resource Description Framework) é unha infraestructura para describir semánticamente recursos,de forma que as máquinas o comprendan. Aunque la información RDF se puede representar en distintos formatos: XML, N3, Turtle… Moitos creen que o RDF é simplemente XML, non é así.

O XML é un formato para representar información en forma de árbol (base de datos xerarquica), Mentres que RDF representa grafos. XML é útil para a interoperabilidade sintáctica, pero RDF ofrece una dimensión más, la interoperabilidade semántica.


Cómo engadir recursos

Ó menos deberíamos intentar completala seguinte información para cada fonte:

  • Título
  • Descripción
  • Fonte dos datos: organismo que os ofrece, etc.
  • Formato dos datos: CSV, XML, XLS, RDF, HTML, Word, PDF, imaxes, etc.
  • Web:


É desexable incluir tamén:

  • Documentación dos datos
  • Data de publicación
  • Frecuencia de actualización
  • Licencia
  • Ámbito xeográfico
  • Categoría (Ver valores a continuación)
  • Soporte técnico
  • Puntuación calidade dos datos (0/5) (Ver valores a continuación)
  • Aplicacións e librerías que fan uso: Especialmente aquelas librerías de código aberto que faciliten o tratamento destes datos


Listado de categorías:

  • 1 - Ciencia e Innovación
  • 2 - Contratación Pública
  • 3 - Cultura
  • 4 - Deporte
  • 5 - Economía
  • 6 - Educación
  • 7 - Enerxía
  • 8 - Estatística
  • 9 - Información Local
  • 10 - Xustiza
  • 11 - Mapas
  • 12 - Medio Ambiente
  • 13 - Meteoroloxía
  • 14 - Obra pública
  • 15 - Política
  • 16 - Tráfico e transporte
  • 17 - Turismo


Valores puntuación calidade dos datos (fonte):


Contacto

Se tes dúbidas ou queres saber quen mantén este catálogo podes contactar en ramon@bigpress.net

Fontes de datos dispoñibles

Autobuses da Coruña

Como exemplo está o servizo de autobuses do concello da Coruña. Existe unha web na que se pode consultar a posición dos autobuses na Coruña cunha licencia restrictiva de uso destes datos. Varios programadores crearon aplicacións que empregan (para consultar a posición dos autobuses dende Android) estes datos a pesar da licencia e o concello que inicialmente se mostrou dudoso sobre este asunto agora apoia a utilización destes datos. Quizais un pouco máis de coñecemento por parte das administracións sobre esete asunto e acceso ós recursos disponibles por parte dos desenvolvedores podería axudar a que aparezan novas iniciativas.

MeteoGalicia

Descripción: Datos recollidos polas estacións de MeteoGalicia

Eleccións ó Parlamento Galego


Códigos Postais


Instituto Galego de Estatística

  • Organismo publico: IGE http://www.ige.eu/
  • Non dispon de API nin de documentación
  • Formato: HTML, Excel, csv
  • Actualización: Depende do parámetro

Diario Oficial de Galicia


Rexistro de Intereses de Altos Cargos da Xunta

  • Web: http://www.xunta.es/dxfpriac/
  • Descripción: Declaraciónss de intereses de altos cargos da presidencia e consellerías da Xunta.
  • Fonte: Xunta de Galicia
  • Formato: PDF
  • Actualización: ?


Presupostos de entidades locais

Barómetro sobre calidad de vida en municipios de gran población

  • Fonte: Ministerio de Política Territorial
  • Formato: HTML/CSV
  • Actualización: 3-5 años (1991-2004)

Buses InterUrbanos de A Coruña

Temas da agua da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

  • Título: Temas da agua da Confederación Hidrográfica Miño-Sil
  • Organismo responsable: MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO
  • Organismo editor: Confederación Hidrográfica del Miño-Sil
  • Clase de información: Noticias e actualidade
  • Formato de presentación: Imaxe/Texto
  • Tipo de información: Texto completo
  • Tipos de consulta: Simple
  • Materia principal: Medio Ambiente
  • Descripción y comentarios: Buscador sobre diversos temas relacionados coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (cursos, conferencias, actividades culturales, etc.). Se puede realizar la consulta por título e texto.
  • Aviso legal: http://www.chminosil.es/contenido.php?mod=3&idcont=21

Datos hidrográficos en tempo real

Avisos de Tráfico Vigo


Diccionario Real Academia Galega

Sistemas de Información ambiental de Galicia


Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia

Buscador de centros Sergas


Listas de espera Sergas


Buscador de solo industrial en Galicia


Intraestructuras e Equipamentos Locais (EIEL) Deputación de A Coruña


Intraestructuras e Equipamentos Locais (EIEL) Deputación de Lugo


Intraestructuras e Equipamentos Locais (EIEL) Deputación de Pontevedra

  • Teñen obligación de publicalo pero non o conseguin localizar polo momento

Intraestructuras e Equipamentos Locais (EIEL) Deputación de Ourense

  • Teñen obligación de publicalo pero non o conseguin localizar polo momento

Catálogos Bibliotecas

Sedes Electrónicas

Normalmente servizos os usuarios con certificado dixital

Recursos de interese

Outras administracións españolas


Outros recursos