Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Barcamp Arduino 2011

Descrición:

A asociación Inestable introduciuse durante o ano 2010 na programación de robots con software libre coa plataforma LeJOS, e durante as VIII Xornadas de Introdución a GNU/Linux de Ordes realizou unha introdución á plataforma de Hardware Libre Arduino.

Continuando con esta liña, a asociación decidiu dar un novo paso na súa relación coa temática relacionada cos robots profundando na filosofía do hardware libre organizando un Barcamp sobre Arduino.

Un Barcamp é unha reunión que xorde do desexo da xente de compartir e aprender nun ambiente aberto. Estrutúrase nu ambiente informal de forma que sexa posible a participación de xente con diversos perfís de coñecementos que sen a rixidez dun programa completamente pechado, poden intervir nas discusións, realizar demostracións, alentando en todo momento a interacción de todos os participantes.

Cartel do barcamp Arduino

Datas e lugar de celebración:

O barcamp tivo lugar na Casa da Cultura de Ordes o día 5 de novembro de 2011.

Programa

Contaron coa presenza dos poñentes Oscar González e AlexTC de BricoGeek que expuxeron os seguintes temas:

  • Introdución á electrónica
  • Presentación da plataforma Arduino
  • Montaxes típicas e iniciación á robótica
  • Presentación e explicación do robot Orugas
  • Comunicación sen fíos mediante Xbee
  • Presentación de módulos de expansión e material diverso

Documentación:

NOTA: os seguintes documentos carecen de indicación expresa da licenza de uso dos mesmos, polo que para a súa reutilización sería preciso contactar cos autores orixinais a través da asociación inestable de Ordes.

Organiza:

Asociación Inestable

Colaboran:

Openhost e BricoGeek

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.