Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

B2Evolution

A principal diferencia entre WordPress e B2Evolution é que, de base, este último está preparado para levar adiante varios blogs. A segunda diferenza é o grao de evolución na usabilidade da interface de Administración. Se WordPress está na “última moda”, B2Evolution mostra un aspecto máis arcaico, aínda que no funcionamento non lle teña moito que envexar.

Licenza

B2Evolution distribúese baixo os termos da GNU General Public License, versión 2.0

Resumo sobre a comunidade de desenvolvemento

Detrás deste software hai un nutrido grupo de desenvolvedores, espallados polo mundo. Manteñen como fontes de financiamento as doazóns de particulares e a colaboración de empresas. Neste punto é de salientar que os blogs internos de Novell están feitos con B2Evolution.

Instalación básica

Pódese descargar un paquete coa última versión estábel dende a páxina de descargas. Unha vez descomprimido, só precisamos o subcartafol chamado “blogs” dentro da xerarquía web:

cd /tmp
wget http://downloads.sourceforge.net/evocms/b2evolution-2.4.2-stable-2008-04-27.zip 
unzip b2evolution-2.4.6-stable-2009-01-12-lc.zip
rm b2evolution-2.4.6-stable-2009-01-12-lc.zip
cd b2evolution
mv blogs/ /var/www/
cd ..
rm b2evolution -rf
mysql -p
create database b2e;
grant all on b2e.* to 'b2e'@'localhost' identified by 'contrasinal';
quit
chmod 666 /var/www/blogs/conf/_basic_config.php

Feito isto xa podemos continuar dende o navegador: http://localhost/blogs/install/index.php. No formulario web pídenos os datos de conexión coa base de datos. A continuación pregúntanos se queremos facer unha instalación nova ou actualizar. Escollemos a opción predeterminado, instalación nova. Crea unha serie de táboas, e ao pé da páxina, dános os datos de entrada do usuario admin, e a url de login: http://localhost/blogs/admin.php.

B2evolution1.png
Ilustración 1: Interface web de administración do B2Evolution

Igual que ocorre co caso de WordPress, podemos descargar engadidos e estilos visuais para personalizar o noso blog, aínda que moitas das funcionalidades que no anterior era preciso engadir, aquí xa están de base, como as estatísticas.

Licenza desta guía

Esta guía forma parte da documentación de apoio para a capacitación TIC en SwL e foi elaborada pola empresa TEGNIX para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún. Distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0