Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Audacity - edición de son en software libre

Descrición

Este curso percorre as principais funcionalidades da ferramenta de edición de son Audacity dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con esta ferramenta.

Ao traballar con ficheiros de son, probablemente xurdan diferentes necesidades dependendo do que queiramos facer: gravar unha locución, reproducir sons, editar un CD de música, etc. Para cubrir todas estas necesidades existen moitas ferramentas de software libre que nos achegan solucións óptimas. Este curso céntrase na ferramenta Audacity.

Explóranse as súas principais características, funcións e vantaxes, permitindo adquirir os coñecementos necesarios para interpretar e localizar as funcionalidades da interface de Audacity, así como aprender a desenvolver tarefas básicas de edición de son.

Descarga

Audacity.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "Audacity: edición de son en software libre" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Este material baséase no curso Curso de Formación sobre ferramentas de son en software libre elaborado no ano 2011 por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e TEGNIX co financiamento da Xunta de Galicia para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar