Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

As mulleres no software libre

Descrición:

A conferencia “As mulleres no software libre” foi organizada pola asociación GALPon e impartida por Miriam Ruíz, enxeñeira española, e desenvolvedora da distribución Debian.

Esta conferencia pretendía achegar luz sobre o rol e a implicación das mulleres na tecnoloxía e máis concretamente no eido do Software Libre. O público obxectivo da mesma era pois a sociedade en xeral, con especial interese para as mulleres e nomeadamente as profesionais e estudantes de enxeñerías relativas ás TIC.

Miriam Ruíz é editora de Barrapunto, un dos weblogs máis importantes en español, e realmente unha das mellores fontes de información sobre tecnoloxía e cultura "geek" en español na rede. Segundo indica ela mesma: "Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente."

Conferencia As mulleres no software libre

Datas e lugar de celebración:

A conferencia tivo lugar o 19 de outubro de 2011 no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Lagoas, Marcosende.

Documentación:

  • Está dispoñible tamén a gravación da conferencia Mulleres no Software Libre na canle de vídeo da Universidade de Vigo, Uvigo.tv

Deixamos, de todos xeitos, un breve resumo feito pola relatora e traducido posteriormente ao galego: A historia da informática e das tecnoloxías da información está plagada de mulleres moi importantes, comezando por Ada Lovelace, considerada a primeira persoa programadora, Grace Murray Hopper, pioneira na concepción e o deseño dos primeiros compiladores, peza clave na concepción e deseño da linguaxe COBOL, e que participou tamén no comité de estandarización de FORTRAN, pasando por Fran Allen, pioneira no campo da optimización de compiladores, ata as menos coñecidas programadoras do ENIAC. Outra notable enxeñeira, neste caso de telecomunicacións, e ademais actriz, foi Hedy Lamarr, inventora de, entre outras cosas, o conmutador de frecuencias, elemento imprescindible para a telefonía móbil e a transmisión de datos sen fíos. Sirva como indicativo que o día do inventor celébrase o 9 de novembro na súa honra, xa que esa é a data do seu aniversario. O caso das 6 programadoras do ENIAC, e sobre todo o feito de que a súa importancia na historia dos ordenadores fóra tan silenciada, ata o punto de que los enxeñeiros varóns Mauchly e Eckert foron os que pasaron á historia, non deixa de ser rechamante e significativo dunha época. As programadoras do ENIAC desenvolveron as bases da programación dos ordenadores: crearon a primeira biblioteca de rutinas e os primeiros aplicativos software. En 1997, a pesar de todo o esforzo por intentar excluílas da historia, foron incluídas no Women in Technology International Hall of Fame. As mulleres participaron na informática desde os seus inicios, e aínda que a proporción de mulleres no campo (13%) é moito menor do que se atopan na nosa sociedade, aínda teñen un forte impacto na nosa industria. O oco pode encherse doadamente con só os nomes das mulleres que contribuíron no campo da informática, pero a maioría deles aínda se descoñecen, eclipsados polos innumerables innovadores home e moitas veces polos seus cónxuxes.

Impacto:

Esta conferencia contou cunha nutrida asistencia, cun total 78 asistentes entre os que se contaba representastes do profesorado da Universidade. De xeito paradoxal salientar que a asistencia, en contra do esperado, foi maioritariamente masculina.

Organiza:

Asociación GALPon

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.