Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

As listas de correo, con Mailman

Ter a posibilidade de organizar grupos de debate, ou canles colectivas de comunicación é unha vantaxe. Se esa posibilidade é sinxela de xestionar, e pode amosar a capacidade de crecemento e a potencia de Mailman, entón o éxito está asegurado. A instalación de Mailman que imos ilustrar precisa ter tanto Postfix como Apache operativos. O primeiro explicouse nun capítulo anterior, e o segundo abordarase no seguinte.

Mailman traballa coordinadamente co MTA, o servidor SMTP, no noso caso Postfix para a recepción e o envío de correo. Intégrase no conxunto de aplicativos relacionados e dependentes de Postfix. O emprego que fai de Apache é con fins administrativos: amosa unha interface web dende a que é posible xestionar as listas, crealas, e acceder ao arquivo histórico de cada unha delas.

Licenza

Mailman distribúese baixo os termos da licencia GNU General Public License

Reseña sobre a comunidade de desenvolvemento

Os desenvolvedores principais son Barry Warsaw, Mark Sapiro e Tokio Kikuchi. O proxecto está baixo os auspicios da Free Software Foundation, que é propietaria do copyright. Este extremo permite que o código sexa libre, e se manteña libre, aínda a pesar de posíbeis cambios de opinión dos seus desenvolvedores.

Instalación de Mailman

O paquete para instalar chámase “mailman”. O proceso de instalación preguntaranos polas linguas que queremos instalar para a interface de Administración. Tamén daranos un aviso relativo á creación dunha primeira lista, que faremos despois.

Configuración e administración de Mailman

Primeiro imos configurar o Apache. Copiamos o ficheiro de opcións de Mailman para Apache, e activámolo:

cp /etc/mailman/apache.conf /etc/apache2/sites-available/mailman.conf

a2ensite mailman.conf

invoke-rc.d apache2 restart


Pasamos á configuración de Postfix. Témoslle que dar algunhas opcións:

postconf -e 'relay_domains = listas.capacitacion.com'

postconf -e 'transport_maps = hash:/etc/postfix/transport'

postconf -e 'mailman_destination_recipient_limit = 1'


Na primeira delas, definimos o subdominio no que van operar as nosas listas de correo: todas elas serán da forma nome_da_lista@listas.capacitacion.com. Creamos o ficheiro ao que se fai referencia na segunda, /etc/postfix/transport, que debe conter unha liña como:

listas.capacitacion.commailman:


E forzamos a Postfix a refacer o seu mapa de transporte, e despois reiniciámolo:

postmap -v /etc/postfix/transport 

invoke-rc.d postfix restart


Agora que xa temos todo xunto, podemos reiniciar o mailman, e crear a primeira lista:

invoke-rc.d mailman restart

newlist mailman

Teremos que dar un correo electrónico para o administrador, e un contrasinal. A continuación o proceso de creación desta primeira lista dinos que é preciso engadir unhas liñas no ficheiro /etc/aliases, pero non fai falla.

Xa temos todo configurado e podemos acceder á interface administrativa vía web. Supoñendo que temos o servidor web atendendo o dominio capacitacion.com, o Mailman deberá ser visíbel no url: http://capacitacion.com/cgi-bin/mailman/admin.

Mailman1.png
Ilustración 1: Interface web de administración do Mailman

Nestas páxinas web temos opcións para crear e administrar listas, pero tamén temos un conxunto de ordes que se poden empregar :

list_lists mostra todas as listas do sistema

list_members mostra as persoas usuarias dunha lista

newlist permite crear unha lista

add_members engade persoas usuarias a unha lista

As persoas usuarias poderán acceder á parte pública do xestor de listas de correo no url [1] http://capacitacion.com/cgi-bin/mailman/listinf

Licenza desta guía

Esta guía forma parte da documentación de apoio para a capacitación TIC en SwL e foi elaborada pola empresa TEGNIX para o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún. Distribúese baixo as condicións dunha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-CompartirIgual 3.0