Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

Aproximación ao Software Libre

Descrición:

Xornada de divulgación e formación dirixida ao alumnado de secundaria do CPI San Vicente de A Baña. Ghandalf

A xornada tratou de facer unha primeira aproximación ao concepto de Software Libre amosando que é posible facer exactamente as mesmas tarefas e traballos que con contornas de software non libre.

A maiores, e para que os asistentes puideran profundar nos conceptos e ferramentas software libre expostos e amosados durante a xornada, achegóuselle un pendrive a cada asistente no que se incluía toda a documentación empregada na xornada, documentación extra dirixida a aumentar o seu coñecemento, e múltiples ferramentas software libre para que puideran probalas e empregalas na súa casa.

Datas e lugar de celebración:

A Asociación Ghandalf realizou esta xornada o 17 de outubro de 2012 no CPI San Vicente de A Baña.

Documentación:

Está dispoñible para a súa descarga a presentación empregada no relatorio tanto en formato pdf como en formato odp:

Impacto:

A esta xornada asistiron máis de 80 alumnos/as de secundaria do Centro, ademais de varios membros do profesorado. A dirección do CPI San Vicente trasladoulle á Asociación Ghandalf o seu agradecemento pola celebración da xornada, e o seu moi alto grao de satisfacción polos resultados da mesma. Os propios rapaces/as asistentes (de 12 a 16 anos aprox.) corroboraron durante a celebración da mesma o éxito que supuxo a xornada así como o divertida que lles foi durante o seu decorrer.

Organiza:

Asociación Ghandalf

Colaboran:

CPI San Vicente de A Baña

Patrocina:

A xornadas contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa AMTEGA para a promoción do Software Libre e dentro do marco das actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.