Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

AbanQ - Xestión empresarial

Descrición

Este curso percorre as principais funcionalidades do ERP AbanQ dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto previo con esta ferramenta.

O AbanQ 2.4 é un ERP (Enterprise Resource Planning) de código libre orientado á administración, xestión comercial, finanzas e, en xeral, a calquera tipo de aplicación onde se manexen grandes bases de datos e procesos administrativos.

A través deste curso poderán coñeceranse as características e funcionalidades básicas do ERP AbanQ e o manexo da aplicación e dos seus principais módulos de traballo.

Descarga

Abanq.png

O material está dispoñible en formato SCORM así como en formato pdf para facilitar unha áxil visualización dos contidos.

Consulta: (Formato pdf)

Descarga: (Formato SCORM)

Este material publicase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación con este material.

Autoría:

O curso baixo o título "AbanQ: Xestión empresarial" foi elaborado por AGASOL para a rede CeMIT dependente da AMTEGA para ofertalo a través da súa plataforma de teleformación “Espazo multimedia de aprendizaxe” (EMA) formando parte dos cursos de formación en alfabetización dixital en software libre.

A formación en software libre a través da rede CeMIT forma parte das distintas actuacións recollidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.