Xunta de Galicia


Powered by MediaWiki

15 Aniversario KDE

Descrición:

O día 14 de outubro de 1996 Matthias Ettrich enviaba o correo "New Project: Kool Desktop Environment (KDE) [14th October 1996 03:00] Programmers wanted!" que marcou o nacemento de KDE.

Coincidindo co 15 aniversario do contorno de escritorio KDE GPUL quixo unirse ás celebracións que toda a comunidade KDE organizou por todo o planeta.

A asociación GPUL, en colaboración con KDE España, organizou unha xornada festiva o venres 14 de Outubro de 2011.

Xornada de Aniversario de KDE 2011

Datas e lugar de celebración:

A xornada tivo lugar o 14 de outubro na Aula de Graos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Programa

Na Xornada houbo un par de ponencias sobre a Historia de KDE e sobre Como colaborar con KDE que precederon á Celebración do XV aniversario de KDE.

15 anos de KDE

Organiza:

Asociación GPUL e KDE España

Colabora:

Facultade de Informática da UDC Igalia

Patrocina:

Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.

Ademais contou co patrocinio da FIC, a UDC e Igalia.